Catharine Alice MacKinnon, nada o 7 de outubro de 1946 en Minnesota, é unha feminista radical, investigadora, avogada, mestra[1] e activista estadounidense. MacKinnon graduouse na Smith College e acadou un doutoramento en xurisprudencia e outro en filosofía pola Universidade Yale. Como xurista, MacKinnon abordou as cuestións do acoso sexual e a pornografía. É membro da Academia Estadounidense das Artes e das Ciencias.[2]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search